O regreso de Xohana Torres

elexias-a-lola

Xohana Torres está considerada pola comunidade literaria galega  como unha das súas máis importantes escritoras contemporáneas,. Aínda hoxe permanece creativa, como amosa este poemario, Elexías a Lola, publicado despois de moitos anos de silencio editorial. Aquí recolle un dos seus textos emblemáticos, a lembranza apaixoada da súa avoa Lola, e vísteo con novos poemas dando lugar a un libro independente que, nas súas palabras, é unha “homenaxe a todas as avoas galegas”.

Autora: Xohana Torres

Capa Dura. 72 páxinas

17 euros PEDIR

O Ouro de Ourense

Portada
O Ouro de Ourense, de Bieito Iglesias e Xulio Gil

Misturando a literatura e o ensaio, Bieito Iglesias engarza coas fotografías de Xulio Gil, un libro moi especial sobre a cidade máis literaria de Galicia. O ouro de Ourense  de Engaiolarte Edicións, é unha proposta de viaxe física, histórica, paisaxística e mesmo autobiográfica. En palabras do seu autor “coido que construín unha viaxe á semente, unha evocación do pasado de Ourense, que como di o tópico, sempre é unha viaxe a un país estranxeiro”. O libro xa  está nas librarías pero tamén o podes adquirir desde a nosa páxina.

Autor: Bieito Iglesias  Fotografía: Xulio Gil

Capa Dura. 216 páxinas

29 euros PEDIR

Tocar e abrazar

 

Captura de pantalla 2015-11-24 a las 11.02.36

A colección Toca-Toca, de Engaiolarte Edicións, está formada por catro libros diferentes, Animais Cores, Animais Cachoros, Animais SelvaAnimais Sons. Son libros con texturas e relevos pensados para experimentar co tacto, con cores brillantes e que pon aos cativos e ás cativas en contacto con palabras, conceptos e sons.

Pensando no estímulo nestas edades, ofrecemos unha oferta destes catro libros, xunto cun boneco fabricado artesanalmente en tecido polar, e cunha bolsa-mochila fabricada sen ftalatos.

Captura de pantalla 2015-11-24 a las 11.02.45

Bolsa+4 libros+Boneco*

(*) Servirase o modelo disponíbel no momento do pedido

ISBN 978-84-942388-9-5

29,60 euros PEDIR

 

Lugo, a cidade dos tesouros encantados

capa

A conxunción do texto de Lois Diéguez e as fotografías de Xulio Gil, veñen de dar á lus este traballo de Engaiolarte Edicións, Lugo, a cidade dos tesouros escondidos. Unha proposta literaria imaxinativa que formula unha visión moi persoal da cidade lucense, estimulando ao lector a contemplala con ollos novos e camiñar á descuberta das mútiples alfaias que encerra.

Este é o video promocional do libro, que xa está nas librarías ou podes adquirir desde aquí.

Autor: Lois Diéguez  Fotografía: Xulio Gil

Capa Dura. 204 páxinas

29 euros PEDIR

Libros para barrigolas

contando

1,2,3 contando e Na granxa, son os primeiros títulos infantís de Engaiolarte Edicións. Libros para cativos desde  que empezan a agatuñar até que cumpren os 4 anos, unha fase que podemos denominar de prelectores, que serve para asentar hábitos e axudan á súa maduración psicobiolóxica. Familiarizalos cos libros, amosarlles figuras de animais ou dos números, son algúns dos fins deste libros, que tamén lle permitirán acoutar espazos, extendelos e xogar de diversas maneiras.

Podes ver neste video a súa utilidade:  XOGANDO COS BARRIGOLAS

Capa Dura

7,5 euros PEDIR

 na granxa

Temos dereito a un futuro distinto. Conversas con Xavier Vence

Xavier Vence Conversas Capa

Engaiolarte Edicións comeza a súa andaina editorial publicando o libro do xornalista Xan Carballa, “Temos dereito a un futuro distinto. Xavier Vence, Conversas”.  O catedrático de Economía Aplicada Xavier Vence, portavoz do Bloque Nacionalista Galego, aborda nesta longa conversa a súa biografía e os retos que ten Galiza: “non somos un país pobre, nin o tamaño nos impide ser donos do noso destino. A soberanía é a mellor ferramenta para preservar os dereitos sociais e laborais, crear unha banca pública, priorizar a creación de emprego e dinamizar a economía. Temos dereito a un futuro distinto e debemos sumar forzas para conseguilo”.
Vence lidera o BNG logo da ruptura de 2012, e propón a construcción dunha alternativa “que enganche detrás de si unha gran parte da sociedade. Ten que ser ambiciosa e realista para facerlle ver que é posíbel outro camiño, que hai opcións para resolver os problemas reais. O obxectivo central dun proxecto nacionalista e de esquerdas pasa por preservar e desenvolver a economía produtiva. Sen iso non se pode crear emprego, riqueza e rendas. Ter base produtiva é a clave e sen ela non hai sociedade diferente que se poida construír”.

 

Autor: Xan Carballa

Capa Integral, 16 x 17

15 euros PEDIR